Artículos Recientes
Artículos más vistos
Nuestras marcas principales

Programa EBici
Axudas á compra de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido e de man para cadeiras de rodas.
Aberto o prazo de solicitude para 2025!
O Programa EBici é unha iniciativa da Xunta de Galicia a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que ten por obxectivo fomentar a adquisición de bicicletas eléctricas ao tempo que procura reducir a contaminación tanto ambiental como acústica e mellorar a saúde do conxunto da poboación.
Subvencionarase, en réxime de concorrencia non competitiva, a adquisición de bicicletas eléctricas novas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas (que cumpran os requisitos técnicos e de equipamento estándar sinalados no artigo 3 das bases reguladoras).
O importe total asignado en 2025 é de 1.000.000 euros.
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50% do prezo da bicicleta eléctrica con pedaleo asistido para un/unha beneficiario/a xeral (cun límite de 500 €).
No caso de integrantes dunha familia numerosa, chegará até o 60% (cun límite de 600).
Por último, o tope para quen forme parte dunha familia numerosa con categoría especial será do 70% (cunha contía máxima de 700 €).
Unha persoa beneficiaria só poderá recibir axuda pola adquisición dunha única bicicleta eléctrica con pedaleo asistido.

Para ser beneficiario/a terá que tramitar a súa solicitude
a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na
listaxe que se publica nesta mesma páxina.
Será a entidade colaboradora a encargada de presentar telematicamente a solicitude de axuda.
Para ser beneficiario/a terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publica nesta mesma páxina.
Será a entidade colaboradora a encargada de presentar telematicamente a solicitude de axuda.
As axudas correspondentes a 2025 poderán solicitarse dende o 16 de maio e ata o 13 de novembro de 2025 ou ata cando se esgoten os fondos.
Serán entidades colaboradoras os establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que se adheriron a este programa.
Estas entidades exhibirán nos seus centros de traballo ou puntos de venda un cartel identificativo.
Ademais, nesta páxina pode consultar a listaxe actualizada das entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas.